Redescubrir o legado de Valle-Inclán a nova mostra da Universidade de Santiago

09 Febreiro 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración da exposición Valle-Inclán Íntimo que se poderá ver no Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela ata o vindeiro 1 de abril. Trátase dunha proposta na que, tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, se fai unha recompilación documental e artística para afondar na historia dun dos legados “máis brillantes, diversos e creativos” da nosa historia.

No transcurso do acto, o representante do Goberno galego celebrou a iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela que, ademais de ofrecer novas interpretacións sobre o escritor, “brinda tamén unha nova oportunidade para coñecer a súa obra en maior profundidade e reivindicar tanto a súa figura como a importancia que tivo a súa produción para a historia da literatura galega e española”. A mostra está organizada pola Cátedra Valle-Inclán e conta co apoio, ademais da Xunta de Galicia, do Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC e do xornal La Voz de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participa na inauguración da exposición Valle-Inclán Íntimo.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión