Este luns de Entroido (20 de febreiro) é un dos días grandes da programación municipal para estas datas carnaveleiras. A troula comezará a partir das 18.00 horas na praza de Galicia (Carpa do Entroido) co espectáculo infantil Punkdemia, a cargo do artista clown Peter Punk, que ofrecerá á rapazada (e aos maiores) a súa visión particular sobre os tempos de pandemia dos que acabamos, coma quen di, de saír. A festa prosegue pola noite cunha celebración organizada por Peñas Boiro Asociación Cultural, coa actuación da orquestra La Fórmula seguida dun espectáculo de disco móbil.




