Patricia Lojo repetirá como candidata do Partido Socialista á alcaldía da Pobra do Caramiñal

15 Febreiro 2023

A militancia do Partido Socialista da Pobra do Caramiñal elixiu á actual edil de Sanidade e Cultura, Patricia Lojo, como cabeza de lista para as vindeiras eleccións do mes de maio.

Para Patricia Lojo, estas eleccións son chave para consolidar o proxecto que o PSdG- PSOE ten para a Pobra do Caramiñal, centrado na ampliación de servizos públicos de calidade e nunha xestión cercana ca cidadanía.
En palabras da candidata, “a experiencia de goberno destos catro anos permítenos ter un coñecemento amplo e moi profundo do funcionamento da administración local. Pero co coñecemento non basta, é precisa unha correlación de forzas que permita consolidar o programa de ampliación de servizos que levamos dende o PSdG” – engadiu.
De acordo con Patricia, un dos retos máis grandes que afronta o Concello da Pobra é o do afincamento da poboación. “Só hai unha forma de asegurar que a xente elixa Pobra como residencia, e é a través da suma de servizos públicos de calidade con políticas que permitan o desenvolvemento económico e a creación de emprego”.
A militancia valorou moi positivamente estes catro anos no que Patricia Lojo participou no goberno municipal, onde destacou por unha programación cultural sen precendentes. Entre os seus éxitos, atópanse os últimos festexos do Nazareno, as inversións realizadas no centro de saúde ou a xestións coa Deputación para acadar inversións para a Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...