Outes dá luz verde a un plan de obras que supera os 600.000 € de investimento

11 Febreiro 2023

O pleno da corporación munincipal de Outes aprobou nunha sesión extraordinaria celebrada o pasado 9 de febreiro o Plan de Obras de Servizos (POS+2023). O alcalde, Manolo González, agradeceu o apoio de tódalas forzas políticas á proposta do executivo e destacou que foi elaborada con achegas dos distintos grupos da corporación. González destacou que se priorizaron actuacións de mellora en núcleos rurais en tódalas parroquias, así como a mellora de equipamentos no campo de futbol e no pavillón municipal do Cunchido. Tamén se inclúen actuacións nos núcleos urbanos da Serra de Outes, Cruceiro de Roo e O Freixo. Todas estas actuacións ascenden a perto de 620.000 €, reservándose ademas outros 150.000 € para financiar gastos correntes que, segundo explicou González, servirán para atender a suba dos custos enerxéticos municipais.

O alcalde, Manolo González, destacou que as actuacións aprobadas danlle continuadade ao impulso en materia de conservación e mellora de infraestruturas levado a cabo polo actual goberno. “Nestes momentos estanse exectuando ou a piques de comezar importantes actuacións como son a mellora das beirarrúas no porto do Freixo, a senda peonil á piscina municipal ou o saneamento de Quintela a Ousesende. E están a piques de ser adxudicadas actuacións de mellora nos núcleos de Banzas, Outes, Crespos, Entíns ou Tarás, entre outros”. Do mesmo xeito indicou que o executivo traballa nun plan de actuación urxente para paliar os danos das fortes choivas dos meses pasados en diversas estradas e camiños municipais.

POS+2023 
Renovación alumeado campo de fútbol de Outes51.004,94 €
Renovación alumeado pavillón polideportivo de Outes21.990,02 €
Mellora do camño da Costa da Grela (Cando)23.342,88 €
Pavimentación acceso en Vilardigo (Cando)47.024,44 €
Pavimentación núcleo dos Muíños (San Ourente)51.153,55 €
Remate Humanización Rúa da Capela (A Serra)79.231,36 €
Beirarrúas no Cruceiro de Roo67.960,41 €
Estrada entrada ao porto do Freixo (O Freixo)28.695,96 €
Pavimentación interiores de Lestelle (O Freixo)49.575,72 €
Pavimentación acceso en Ánseres (O Freixo)11.756,82 €
Pavimentación acceso a Cernadas (O Freixo)12.032,95 €
Pavimentación camiño Seilán a Ribas de Mar (Tarás)25.663,88 €
Pavimentación camiño de Tarás a Riba de Mar (Tarás) .27.010,95 €
Pavimentación camiño de Esperante a DP-6204 (Valadares)7.821,77 €
Camiño de Acceso a Viladomonte (Valadares)10.892,24 €
Pavimentación na Famelga (San Lourenzo)4.669,81 €
Pavimentación camiño subida a Gulfián (San Cosme)10.226,71 €
Beirarrúas en Lagoa (San Cosme)26.955,38 €
Pavimentación Estrada Xeral a Bendimón (Roo)7.849,60 €
Pavimentación interiores no lugar de Outes (Outes). Fase 254.415,30 €

Outros artigos

O teatro abre o mes de Nadal en Muros

Doble cita teatral esta fin de semana en Muros. Pero a cita infantil do domingo xa está chea, pois as entradas xa se esgotaron para ver aos Bolechas. Para o sábado aínda quedan añgunhas entradas que serán vendidas na billeteira media hora antes. A nova cita da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...