Outes Concilia organiza un Campamento de Entroido os días 20 e 21 de febreiro

06 Febreiro 2023

O Concello de Outes organiza o Campamento Tempo de Entroido, dentro do programa Outes Concilia, co obxectivo de achegar facilidades laborais e de lecer para as familias durante os días de vacacións do Entroido. Irá destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos.

Esta actividade celebrarase os días 20 e 21 de febreiro, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

O prazo de inscrición é do 6 ao 9 de febreiro.

Podemos obter máis información ou formalizar a inscrición na web municipal.

Outros artigos

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...