Os bombeiros rescatan a un home que caeu a un pozo en Ribeira

18 Febreiro 2023
Bombeiros Ribeira

O accidentado estivo unhas tres horas dentro ata que un veciño escoitoulle pedir axuda
Efectivos dos Bombeiros de Ribeira conseguiron sacar a un home dun pozo en bo estado de saúde esta tarde.

Os feitos ocorreron sobre as 15:30 horas, cando o home estaba a limpar a escavación e caeu dentro. Estivo unhas tres horas atrapado ata que un veciño escoitoulle pedir axuda e chamou a emerxencias sobre as 18:30 horas.

Ata o lugar de Seco, na parroquia ribeirense de Artes, trasladáronse servizos de Urxencias Sanitarias de Galicias 061, o GAEM de Ribeira, a Policía Local e Nacional, así como os Bombeiros de Ribeira.

Outros artigos

Ribeira reivindica arte local cunha mostra colectiva de 23 artistas

O Centro Cultural Lustres Rivas, espazo vivo de creación e difusión cultural activo dende 2011, acolle este días, por segundo ano consecutivo, unha exposición colectiva de artistas da contorna, fundamentalmente ribeirenses, baixo o título Camiño da arte que está...

+

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión