M.A.- Complicado desprazamento para o Rotogal Boiro Voleibol. Os de Emilio Palacio visitan o domingo ás 18.00 horas ao Melilla Sport Capital, un rival que loita por estar na zona alta da táboa. Os da Cachada contarán coa baixa do central Mario Iglesias por motivos laborais para afrontar un duelo no que buscarán os primeiros puntos da tempada.
Ademais, Jaime Arjones mancouse nun nocello no adestramento do xoves pola tarde, aínda que todo apunta a que poderá participar no duelo de pasadomañá.
Emilio Palacio, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, estima que o Melilla Sport Capital “acabará arriba, aínda que non está no seu mellor momento”. Acerca do estado de forma dos da Cachada, o técnico explica que, nas dúas últimas xornadas, “fixemos dous partidos con sets moi bos, pero é algo que tamén fixemos a principios de tempada. Estamos a gozar do equipo por momentos”.
O Melilla Sport Capital, vixente subcampión da Superliga, caeu a pasada fin de semana contra o Río Duero Soria (1-3) e ocupa a quinta posición da táboa. Trátase dun rival ao que o Rotogal Boiro Voleibol nunca venceu na máxima categoría. No conxunto norteafricano, destaca o labor do oposto Federico Martina. Ademais, o líbero Unai Larrañaga tamén está a callar unha notáble campaña.
Precedentes
Tempada 2022-2023
Rotogal Boiro Voleibol, 0-Melilla, 3
Tempada 2021-2022
Melilla, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 2
Rotogal Boiro Voleibol, 2-Melilla, 3
Tempada 2020-2021
Rotogal Boiro Voleibol, 1-Melilla, 3
Melilla, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 1