O Partido Socialista noiés levará ao seguinte Pleno unha iniciativa que buscará cubrir a praza vacante de ADL ca que conta o Concello, así como redefinir as funcións dos dous que xa traballan no consistorio.
Segundo indican na moción, a día de hoxe os dous ADL contratados están cumprindo con funcións que lles son propias nas áreas de Intervención e Secretaría, cando deberían estar buscando oportunidades de dinamizar a economía local e asesorar tecnicamente a quen amose interese en iniciar un proxecto empresarial en Noia.
De acordo co candidato do Partido Socialista aos vindeiros comicios, Fran Pérez, “está demostrado que o traballo destes axentes marca unha clara diferenza, como podemos ver en Concellos limítrofes ao noso”. Pérez, que presidiu durante anos a Asociación de Empresarios de Noia, indicou que “Noia precisa de
máis iniciativa e impulso económico, e non podemos permitirnos deixar de lado unha ferramenta coma esta”.



