O PP de Outes culpa ao Goberno local da perda dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia

01 Febreiro 2023

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Outes responsabilizou hoxe ao Gobierno Local da perda dunha subvención -43.750 euros- concedida pola Xunta de Galicia para a mellora
do Camiño de Cuns a Salgueiro.

Segundo explicaron os populares, a actuación, compartida co Concello de Negreira, debía executarse e xustificarse antes do 31 de outubro do 2022, unha circunstancia que non se levou a cabo. “Non é a primeira vez que os veciños de Outes quedan sen poder gozar dunha actuación porque o executivo local non é capaz de facela”, denuncian desde o PP, onde aproveitaron para subliñar que o actual Gobierno Municipal perdeu xa un total de cinco subvencións outorgadas por distintas administracións e que suman en total máis de 170.000 euros.

Sobre este asunto, e tras a pregunta realizada no pleno, o alcalde, Manuel Gonzalez López, xustificou o feito de non ter realizada a obra amparándose nas malas condicións climatolóxicas que houbo eses meses. “Unha vez máis, o rexedor ofrécenos argumentos peregrinos que non hai por onde collelos. A realidade é que a súa falta de xestión a están a pagar os veciños de Outes que quedan sen servizos que merecen e que lles corresponden”, apunta desde o Partido Popular.

430.000 euros en facturas sen pagar

Por outra banda, o grupo municipal popular aproveitou o pleno deste mes para incidir en que a súa formación segue sen ter no seu poder a listaxe de facturas que o goberno local deixou sen pagar no ano 2022. “O único que puidemos saber é que o número de facturas sen pagar no 2022 ascende a 1.495 por un valor de 430.000 euros”, explicaron os populares, quen engadiron que este feito obrigará a que o Goberno local aprobe un reconcomiento extraordinario de crédito para poder facer fronte a este montante e que, segundo indicaron, “hipotecará o orzamento prorrogado do 2023”.
Neste sentido, e cansos das escusas do señor González López aludindo a que este problema ten que ver coa carga de traballo dos empregados do concello, os populares incidiron en que “o único certo é que antes, en Outes, pagábanse as facturas e, agora, o goberno actual non é capaz de facelo pola súa falta de xestión e de responsabilidade”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.