O Portal da Lingua achega novos contidos en galego para celebrar este 21 de febreiro

21 Febreiro 2023

A Escola Infantil de Vite (Santiago) acolleu este martes unha das actividades organizadas pola Xunta para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna, que se celebra, precisamente, este 21 de febreiro. A cita en Compostela consistiu nun concerto no que o alumnado puido gozar da música de Magín Blanco e María Faltri. Ademais, co gallo desta efeméride, a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo a disposición da sociedade novos recursos dixitais elaborados para dinamizar o uso do galego. Así o deu a coñecer o secretario xeral Valentín García, que participou na celebración da Escola de Vite.

García fixo fincapé na importancia deste tipo de iniciativas “para que a cativada se relacione coa súa contorna e no seu día a día usando a lingua galega”. E engadiu: “O obxectivo é fomentar o uso do galego tanto nos máis pequenos como na sociedade en xeral para que a nosa lingua estea presente en todos os ámbitos”.

Segundo explicou, ademais da actividade musical celebrada en Santiago, Política Lingüística novos recursos dixitais elaborados no marco da convocatoria TeCeRedes. Así, no Portal da Lingua están xa dispoñibles o xogo interactivo Ti es a chave da primavera, de Ronsel de Ideas, e os audiovisuais Ñam, Criando lingua e Calcetís e paxarín. Neste mesmo espazo tamén pode verse o vídeo elaborado con motivo desta efeméride pola Rede para Promover a Diversidade Lingüística, da que forma parte a Xunta de Galicia xunto a outros gobernos, entidades e universidades europeas.

A efeméride

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de “promover o plurilingüismo e a diversidade cultural”. Nesta edición o tema arredor do que xira a conmemoración é Educación Multilingüe, a necesidade para transformar a educación.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.