O Partido Popular da Pobra pide que se lle faciliten datos sobre as dietas dun Policia Local que tivo que ir a xuizo

08 Febreiro 2023

O Partido Popular da Pobra do Caramiñal leva máis dun ano solicitando tanto verbalmente no apartado de rogos e preguntas dos plenos, como por escrito no rexistro do Concello, unha serie de documentación necesaria para levar a cabo o labor como oposición.
Según din entre a documentación solicitada e reiterada en innumerables ocasións, está a relativa aos expedientes da Policía Local e os procedementos laborais abertos, e dos cales aínda non tiveron resposta por parte do Concello, pero si pola prensa.
Esta mañá din os populares, espertáronse coa noticia de que o Concello novamente ten que indemnizar a un empregado público por incumprir a lei, neste caso por negarse a pagar 12€ e 29,45€ en dietas por asistencia a xuízo, e por uns días de vacacións non gozadas.
Se temos en conta que outros compañeiros na mesma situación ou moi similar non tiveron problema algún para que lles fosen abonadas as dietas para a asistencia a xuízo estipuladas por lei, isto parece persecución laboral, ou mesmo poderia definilo como acoso laboral xa que segundo a Organización Internacional do Traballo consiste en calquera “Acción verbal ou psicolóxica de índole sistemática, repetida ou persistente pola que, no lugar de traballo en conexión co traballo, unha persoa ou un grupo de persoas fere a unha vítima, humíllaa, ofende ou amedrenta”.
Ese mesmo axente é ao que agora, unha vez ditouse sentenza ao seu favor, e posiblemente como castigo por reclamar os seus dereitos, élle denegada unha comisión de servizos para irse a traballar a outro concello veciño.
o PP de G da Pobra gustaríalle que desde o goberno deran as explicacións do custo que supón cada unha das reclamacións, tanto as costas do xuízo como a minuta do avogado, xa que ter que chegar a xuízo por 12€ non parece razoable nin xustificable, e menos que os veciñow teñan que pagar as vendettas persoais de ninguén.

Outros artigos

Abertas as inscricións para a nova Andaina San Silvestre Rianxo

BeOne Rianxo Piscina Municipal de Rianxo organiza unha nova edición da Andaina San Silvestre Rianxo. Será o 31 de decembro a partir das 10.00 horas. A distancia a percorrer será de 12 quilómetros. As inscricións están abertas e teñen un custe de 10 euros máis a achega...

+

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...