O Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, pon en marcha unha nova edición do programa de actividades literarias en Institutos de Ensino Secundario, que permitirá o contacto directo dos autores e autoras co alumnado.
Este programa enmárcase no Plan de Fomento da Lectura 2021-2024 e ten máis de dúas décadas de existencia. Nesta edición, o Ministerio promove 18 actividades en Galicia: 10 en centros da Coruña; 4
encontros en centros da provincia de Lugo; 1, en Ourense e 3, na provincia de Pontevedra. Nesta ocasión todos os encontros serán presenciais.
Hai que destacar que, dos 18 encontros, 13 serán protagonizados por mulleres e 5, por autores homes. En canto aos xéneros literarios que cubrirán, 9 son de narrativa, 4 de poesía, 4 de ensaio e 1 de
ilustración. Son os centros educativos os que proponen o encontro, e o Ministerio, una vez aceptada a solicitude, asume o custo económico derivado do mesmo.
O obxectivo desta iniciativa é achegar aos mozos á lectura de calidade e, ao mesmo tempo, contribuír a difundir a obra e a actividade creadora dos nosos autores. Os alumnos teñen a oportunidade de coñecer
de preto o traballo de narradores, poetas, dramaturgos, ilustradores ou tradutores, e estes, tomar o pulso dos intereses dos lectores e das lectoras máis novas.
ACTIVIDADES REPARTIDAS POR TODA A XEOGRAFíA ESPAñOLA
O Ministerio de Cultura aprobou nesta edición do programa de encontros literarios un total de 275 actividades lectoras, que se celebran en España e tamén en Marrocos.
O programa conta con dous tipos de actividades distintas. Por unha banda, os ‘Encontros literarios’, onde o autor ou a autora, propostos polo centro, falan sobre a súa obra e o seu proceso creativo, mantendo
un diálogo aberto cos e coas estudantes. Estes serán os encontros que se celebrarán en Galicia. Por outra, ‘Por que ler aos clásicos’, onde os autores poñen o centro de atención da actividade programada na obra ou a figura dun autor ou autora cuxa transcendencia vai máis aló dun período histórico ou unha corrente literaria concretos.
PROGRAMA COMPLETO A DESENVOLVER EN CENTROS DE GALICIA
PROVINCIA CENTRO CONCELLO DATA AUTOR/A XÉNERO
A Coruña C.I.F.P. Coroso Ribeira 15/02/2023 Fina Casalderrey Narrativa
A Coruña IES Porto do Son Porto do Son 19/04/2023 Carlos Negro Romero Narrativa
A Coruña IES Espiñeira Boiro 28/02/2023 María Solar Ensayo
A Coruña IES Leliadoura Ribeira 29/03/2023 Miguel Anxo Prado Ilustración
A Coruña IES Sabón Arteixo 13/03/2023 Pedro Ángel Ramos Narrativa
A Coruña IES Urbano Lugrís Malpica de Bergantiños 28/02/2023 Esperanza Fabregat Carrascosa (Chiki Fabregat) Narrativa
A Coruña IES Brión Brión 27/02/2023 Ledicia Costas Narrativa
A Coruña IES David Buján Cambre 21/04/2023 Enma Pedreira Lombardía Poesía
A Coruña IES Poeta Añón Outes 12/05/2023 Beatriz Busto Miramontes Ensayo
A Coruña IES Saturnino Montojo Ferrol 13/04/2023 Jorge Mira Ensayo
Lugo CPI San Tomé do Carballo Taboada 19/04/2023 Ledicia Costas Narrativa
Lugo CPI Virxe do Monte Cospeito 17/03/2023 Antía Yáñez Narrativa
Lugo IES Anxel Fole Lugo 24/03/2023 Antía Yáñez Narrativa
Lugo IES Enrique Muruais A Pontenova 05/05/2023 Ledicia Costas Narrativa
Ourense IES Carlos Casares Viana do Bolo 03/05/2023 Rosalía Fernández Rial. Poesía Poesía
Pontevedra IES de Barro Barro 06/03/2023 Montse Fajardo. Ensayo Ensayo
Pontevedra IES Sánchez Catón Pontevedra 21/03/2023 Tamara Andrés Padín Poesia
Pontevedra IES Sanxenxo Sanxenxo 31/03/2023 Alonso Villaverde, Francisco (Fran Alonso) Poesía




