O Mercado Eco-lóxico de Boiro volve á praza do Centro Social os días 11 e 25 de febreiro

06 Febreiro 2023

O Concello de Boiro, coa colaboración co Foro Ecolóxico de Boiro en labores de impulso e promoción, prosegue este mes de febreiro cunha nova edición do Mercado Eco-lóxico, que se vén celebrando (e volve celebrarse co inicio de 2023) cada segundo e cuarto sábado do mes na praza do Centro Social de Boiro, en horario de 10.00 a 14.00 horas. A seguinte quenda será, polo tanto, este 11 de febreiro, de 10.00 a 14.00 horas, na praza do Centro Social de Boiro. O Mercado Eco-lóxico de Boiro volverá o cuarto sábado do mes, ou sexa, o 25 de febreiro, na mesma localización e no mesmo horario.

Haberá, unha vez máis, diferentes postos de venda con produtos frescos de horta local e de tempada, alimentación, artesanía, e artesanía de reciclaxe.

O Mercado Eco-lóxico de Boiro desenvólvese como dixemos os segundos e cuartos sábados do mes na Praza da Terceira Idade co obxectivo de potenciar o mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade co obxectivo de establecer sinerxías entre este sector e os demais establecementos de hostalaría e comercio do municipio.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.