O Martes do Entroido na Pobra foi unha multitudinaria festa de talento creativo

22 Febreiro 2023

Chegou o Martes de Entroido á Pobra do Caramiñal e, tal e como se agardaba ao constatarse o remate de boa parte das restricións pandémicas, a vila foi un fervedoiro de creatividade, troula e diversión.

Pouco despois das 17.30 horas, a comitiva festiva do desfile partiu das inmediacións da estación de autobuses para percorrer o núcleo da vila e lucir o talento argalleiro que despois resultaría enxalzado no concurso dirixido a maiores de 13 anos.

Conducido polo humorista Fran Campos, o certame desenvolveuse fronte a E.E.I. Fernández Varela, onde o xurado emitiu o seu veredicto despois de avaliar o transcurso de todo o itinerario, vestiario, maquillaxe ou a posta en escena, entre outros aspectos. Deseguido, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), xunto co seu homólogo da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), fixeron entrega dos galardóns.

Na categoría parellas/individuais, o primeiro premio, dotado con 200 euros, foi parar a Vixiantes de Jurassic Park; o segundo a Pesadilla antes de Carnaval (150 euros); o terceiro a María e a súa galiña (125 euros); e o cuarto a Soldado Resident Evil (100 euros). Doutra banda, na modalidade grupal, Circus siderum acadou a primeira posición, cunha contía asignada de 400 euros; Flocos de millo, a segunda (300 euros); Entroido GP, a terceira (200 euros); e Silent Hill, a cuarta (150 euros). E tamén houbo recompensa para as carrozas: Fantasía do Carnaval co primeiro posto (700 euros); Fondo mariño do Areal, o segundo (400 euros); Grease. Volvemos por ti, o terceiro (200 euros); e A Granxa, o cuarto (100 euros). A maiores, as carrozas percibirán cadansúa gratificación de 200 euros por asistir para axudarlle así a sufragar os gastos de confección.

Aproveitouse a ocasión para outorgar as recompensas aos disfraces gañadores da festa infantil do 19 de febreiro. A primeira distinción recaeu en Fantasía do Circo (200 euros); a segunda en Fantasía do Oeste (150 euros); a terceira en Play Maño (125 euros); a cuarta en As lechuzas (100 euros); e a quinta en As indomables (75 euros).

Repartíronse así un total de 5 075 euros entre os dous certames e as gratificacións ás carrozas.

Contouse tamén coa participación das comparsas As Sonecas, Cor Café e Os da Caña.

Tras varios días de festa, o Entroido pobrense despedirase ata o vindeiro ano co enterro do Felipiño do Maño no 25 de febreiro, con saída programada para as 19.00 horas dende o campo do Maño.

O grupo Circus Siderum
O grupo Fondo Mariño do Areal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...