O Goberno da Pobra presenta as propostas do POS+2023

14 Febreiro 2023

O Executivo da Pobra do Caramiñal presenta as propostas enmarcadas no POS+2023 que se aprobou no pleno extraordinario do 13 de febreiro. Segundo explicou a concelleira da Facenda, Charo Varela (Nós Pobra), destinarase a totalidade da achega, 196.776’12 euros, ao financiamento de gasto corrente, “facendo fronte desta maneira á subida dos prezos dos materiais e do IPC (que afecta tamén ao soldo do persoal municipal) sen actualizar as taxas e impostos municipais”. Deste xeito, engadiu, “suporá un alivio para as persoas e as familias, para traballadores/as autónomos/as e empresas, que poderán facer fronte á situación sen ver incrementada a súa carga impositiva”.

Con relación ao remanente do POS+2022, construirase unha pasarela na zona da Mercé que redunde nunha mellora da seguridade e mobilidade peonil. O proxecto ascende a 131.803 euros (93.677 euros procedentes da Deputación da Coruña e 38.126 euros do Concello).

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), fai fincapé na importancia desta intervención a carón da AC-305, a cal asumirá a Administración local ao considerar que é “unha necesidade urxente” ao pasar por alí o Camiño de Santiago do Barbanza. A Orixe, se ben trasladaranse outras propostas á Xunta de Galicia ao ser a dita estrada de titularidade autonómica. “Mellorará a mobilidade na zona, pero tamén fará que o noso recurso turístico funcione de mellor maneira”, precisa o rexedor.

Participarase, así mesmo, no Plan Complementario mediante a terceira fase da reforma integral do Camiño Real, se ben a idea é que a obra se execute con anterioridade á entrada en vigor do dito plan. Esta actuación xa estaba adscrita no Plan do pasado exercicio, pero os permisos pertinentes de Costas, Urbanismo e Augas de Galicia demoraron a realización da mesma. O mandatario local sinala que cando se coñeza a contía final que se outorga á Pobra, decidirase a súa finalidade.

Na súa contribución á mellora da calidade de vida da veciñanza máis vulnerábel, a concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), anuncia que se aposta novamente pola vivenda de emerxencia social (recurso habitacional temporal), a cesta da compra (reparto mensual de alimentos) e o comedor sobre rodas (menú diario quente). O importe sitúase nos 73.278 euros (máis de 50.000 euros do ente provincial e arredor de 15.000 euros do Concello).

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...