O enterro do Felipiño do Maño marcará o remate do Entroido pobrense no 25 de febreiro

15 Febreiro 2023

A Pobra do Caramiñal despedirá o Entroido co enterro do Felipiño do Maño no 25 de febreiro.
Trátase dunha actividade organizada pola veciñanza do lugar coa colaboración do Concello, que se recuperou oito anos atrás.
No acto de presentación, a concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), fixo fincapé na importancia de perduraren no tempo estas tradicións grazas ao afán da veciñanza. En representación da organización, asistiu Pastor Lago, quen relatou cal será a dinámica.
O singular cortexo fúnebre partirá ás 19.00 horas dende o campo do Maño para face-lo percorrido habitual polas rúas da vila. Despois de pasada a medianoite, arredor das 01.00 horas, procederase xa coa incineración na rampla do peirao, a carón da praia dos Areos.
A comitiva irá acompañada do grupo de música tradicional Trécola e da charanga RqR.
A Policía local e a Protección Civil velarán pola seguridade no transcurso do evento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.