O Concello de Outes, no marco do seu compromiso por promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, organiza unha nova edición (a número 27) dun dos máis prestixiosos e referenciais certames poéticos de cantos se convocan en Galicia: o Certame de Poesía Francisco Añón, que rende homenaxe ao ilustre representante local do Rexurdimento (Francisco Añón, un dos grandes autores do Rexurdimento e, como tal, un dos principais artífices da posta en valor das nosas lingua e literatura logo dos longos anos de esquecemento dos séculos escuros) e tamén aos novos talentos que xorden no ámbito das nosas letras e a nosa cultura. Poderán participar no certame todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 3 de abril. As bases xa se poden consultar na web do Concello de Outes (en formato PDF).
Trátase dun certame aberto ao público en xeral.
Establécense as seguintes categorías e premios por idades:
-Categoría A: Nenas e nenos de 6 a 7 anos.
1º Clasificado: vale de 150 euros en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da dobra.
-Categoría B: Nenas e nenos de 8 a 9 anos.
1º Clasificado: vale de 180 euros en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.
-Categoría C: para nenas e nenos de entre 10 e 11 anos.
1º Clasificado: vale de 210 euros en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.
-Categoría D: para rapazas e rapaces de entre 12 e 14 anos.
1º Clasificado: vale de 240 euros en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.
-Categoría E: mozas e mozos de 15 a 17 anos.
1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 480 euros e publicación da obra.
Accésit: publicación da obra.
-Categoría F: maiores de 18 anos.
1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 1.500 euros e publicación da obra gañadora.
Accésit: publicación da obra.