O Concello de Boiro solicita a inclusión das charcas de Abanqueiro e Carragueiros no catálogo de zonas húmidas de Galicia

03 Febreiro 2023

O Concello de Boiro vén de solicitar á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a inclusión das charcas de Abanqueiro e Carragueiros no catálogo de zonas húmidas de Galicia. A catalogación destes espazos “vai permitir aumentar as posibilidades de xestión e conservación dos mesmos”, sinalou o Concello boirense.

O obxectivo desta solicitude é “mellorar, conservar e xestionar as zonas húmidas do noso termo municipal como son as de Abanqueiro e Carragueiros, que posúen un alto valor ecolóxico”, explican fontes do Consistorio, engadindo que “solicitamos no 2021 financiamento para tal fin, xa que a charca de Abanqueiro comezou a dar problemas aos veciños, queremos recuperala e poñela en valor”, recoñeceu o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus.

Este rexistro das zonas húmidas de Galicia é de carácter público e contén información sobre o número, extensión, valores e estado de conservación dos espazos existentes na comunidade para a súa xestión. “Con esta solicitude o que se busca é aumentar as posibilidades de lograr financiamento que permita a mellora e conservación destes espazos naturais de gran importancia e interese paisaxístico”, afirmou o concelleiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.