O Concello de Boiro reduce a temporalidade do persoal municipal coa estabilización do emprego de 111 persoas

08 Febreiro 2023

O Concello de Boiro está mergullado no proceso para estabilizar a temporalidade laboral de 111 traballadores e traballadoras municipais. O alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Persoal, María Outeiral, e o presidente do Comité de Empresa, Cesar Tarela, explicaron polo miúdo o proceso este mércores 8 de febreiro en rolda de prensa. “Cando entramos no Goberno en 2019 atopámonos cunha alta porcentaxe de emprego temporal, que rolda o 90%, polo que a nosa prioridade en materia de persoal foi reducir esa cifra e lograr melloras en canto ao emprego”, afirmou o alcalde, engadindo que o traballo conxunto destes anos entre o Executivo de Boiro, o Comité de Empresa e o departamento de persoal “fixo que neste momento estean en proceso 53 procesos selectivos para a estabilización de 111 prazas”.

Pola súa banda, María Outeiral explicou que “o borrador de RPT coa que contaba o Concello de Boiro non se axustaba ás necesidades reais do traballo polo que, de man do Comité de Empresa, decidimos traballar paralelamente cunha prioridade na estabilización para a redución da temporalidade”. A edil engadiu que “neste momento están pendentes de ser publicadas as listas de persoas admitidas nos distintos procesos selectivos para a realización das probas e rematar o proceso da estabilización”.

Pola súa parte, César Tarela informou da que xa se realizaron ata catro asembleas xerais e dúas mesas xerais de negociación para “lograr un acordo nas liñas de traballo a seguir e convocar o proceso de estabilización”. En concreto, negociáronse as bases xerais e específicas de 53 procesos selectivos e creouse por parte do comité unha oficina de asistencia para axudar a todo o persoal a presentar a documentación e que ninguén quedase fora do proceso.

“Estamos moi satisfeitos co traballo realizado e co esforzo que se realizou, tanto por parte do comité como por parte do departamento de persoal para sacar adiante estes procesos selectivos para a estabilización de emprego e seguiremos traballando da man para elaborar agora unha RPT que responda ás necesidades actuais do Concello”, afirmou o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.