O Concello de Boiro proxecta a renovación dos rueiros de Runs e San Mauro mediante o POS provincial

08 Febreiro 2023

O Concello de Boiro propón para a súa inclusión no Plan de Obras e Servizos (POS+ 2023) da Deputación da Coruña o proxecto para a pavimentación e instalación de rueiro en Runs e San Mauro. Unha obra que contempla a renovación integral dos rueiros e que ascende e un importe de 429.865,99 euros.

O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, presentaron o proxecto á veciñanza da aldea de Runs. Segundo lles comunicaron, as actuacións que se pretenden levar a cabo mediante esta obra “contemplan a demolicións dos pavimentos existentes para a preparación do terreo, a execución dunha rede de saneamento e augas pluviais e de abastecemento, a substitución de luminarias por unhas novas tipo LED e a execución dun pavimento continuo de formigón, lousas e lastros de granito”.

Tamén compartiron coa veciñanza a constatación do mal estado no que se atopan os rueiros de Runs e San Mauro, debido sobre todo ao esgotamento da vida útil do pavimento e a inexistencia da rede de saneamento e augas pluviais. “Vaise facer a canalización de augas pluviais, vaise renovar todo o alumeado para lograr a máxima eficiencia e acondicionaranse os rueiros con formigón e lastros de pedra”, explicou o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz.

A achega provincial para obras para o Concello de Boiro ascende aos 615.197,37 euros que se pretenden destinar en catro actuacións que se van executar, principalmente en núcleos do rural. “Este importe provincial irá destinado a cubrir necesidades en materia de obras e mellora de servizos en diversos puntos do municipio trasladadas pola veciñanza”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero. A participación do Concello de Boiro no POS provincial debaterase no pleno ordinario deste xoves.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.