O Concello de Boiro incorpora dous novos axentes de Policía Local

14 Febreiro 2023



O Concello de Boiro aumentou o cadro de persoal da Policía Local coa incorporación de dous novos axentes que contan coa praza en propiedade correspondente á Oferta de Emprego Público. Os novos axentes tomaron posesión na mañá deste martes 14 de febreiro acompañados do alcalde, José Ramón Romero, e o xefe da Policía Local.

As persoas acabadas de incorporar ao corpo superaron as probas do proceso selectivo realizado polo Departamento de Persoal do Concello de Boiro para a provisión en propiedade das prazas correspondentes á OPE 2019 e superaron tamén o período de formación na Academia Galega de Seguridade para incorporarse dende este 14 de febreiro ao corpo da Policía Local de Boiro.

O alcalde, José Ramón Romero, deulles a benvida e desexoulles o mellor “nesta profesión que iniciades e que terá momentos difíciles pero, se traballades con profesionalidade, será moi gratificante. Estou seguro de que ides realizar un gran traballo”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.