O Concello de Boiro convoca o tradicional concurso de disfraces e carrozas para festexar o Entroido 2023

02 Febreiro 2023

O Concello de Boiro, a través da Concellaría de Cultura, vai desenvolver na segunda metade de febreiro unha programación cultural específica para o Entroido que contempla o tradicional concurso de disfraces e carrozas. As bases da convocatoria e o formulario de inscrición están xa dispoñíbeis a disposición das persoas interesadas na web municipal, boiro.gal.

O certame de disfraces e carrozas celebrarase o martes 21 de febreiro na praza de Galicia. “O martes de Entroido volve ser este ano festivo local polo que apostamos unha vez máis por celebrar este día o tradicional concurso de disfraces e carrozas”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral.

As inscricións están abertas a todas as asociacións, comunidades, grupos culturais, veciñais ou de persoas que o desexen, e deberán facelo antes das 17.30 horas do propio día do desfile. Existen tres modalidades para o concurso: individual/parella para maiores de 13 anos, grupos formados por tres ou mais persoas e carrozas. Os premios serán de 300, 200, 150 e 100 euros para os catro primeiros clasificados na categoría individual; de 600, 300, 250 e 200 euros para os catro primeiros na categoría de grupos; e de 1200, 800 e 500 euros para as tres primeiras carrozas.

O xurado valorará a estética, orixinalidade e creatividade dos disfraces; a posta en escena con coreografías, os instrumentos, etc.; os detalles do disfrace tales como o vestiario, a maquillaxe, as máscaras ou outros complementos; a elaboración propia/artesanal…

“Trátase dunha actividade onde o máis importante é ser creativo, pasalo ben e vivir o espírito do Entroido”, engadiu a concelleira.

As inscricións son gratuítas e poden facerse xa de xeito presencial ou po teléfono no Centro Social de Escarabote, de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 horas; ou no mesmo día do concurso antes das 17.30 horas.

Como dixemos, as bases do concurso e os formularios de inscrición están a disposición das persoas interesadas na web municipal (www.boiro.gal).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...