A praia da Corna será obxecto dunha acción medioambiental ao abeiro da campaña pobrense de voluntariado Agora é o momento!. A quedada solidaria prevista para o 12 de marzo foi dada a coñecer concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), xunto coa técnica municipal desta área, Beatriz González. Indicaron que servirá para a retirada de lixo no referido areal, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Tamén indicaron que os elementos por retirar serán aqueles nocivos para o ecosistema: plástico, metal ou vidro. A retirada efectuarase de maneira manual con material proporcionado polo Concello e contarase coa colaboración da Protección Civil no transcurso da actividade.
A edil incide na relevancia deste tipo de iniciativas que buscan concienciar sobre a preservación das contornas naturais e implica-la cidadanía no coidado destas.
Requírese a inscrición previa obrigatoria antes do día 3 de marzo a través do enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com para a formalización do trámite.




