O BNG expresa a súa preocupación pola autorización da mina de San Fins

02 Febreiro 2023


Os nacionalistas comezarán unha rolda de contactos coa representación das entidades ecoloxistas e marisqueiras, así como co resto de formacións políticas.


Representantes do BNG nos municipios do ámbito da ría de Muros e Noia compareceron no porto de Testal, no concello noiés, para amosar “unha profunda preocupación pola decisión da Xunta de autorizar a liberación de vertidos procedentes do baleirado e da explotación da mina de San Fins”.
Neste sentido, o portavoz nacionalista en Noia, Ricardo Suárez, sinalou que “resulta inadmisible que a propia Xunta advirta da posibilidade ‘de que se produza un vertido en condicións non autorizadas’ e aínda máis o feito de que nese caso solicite ‘as medidas axeitadas para emendar as causas que o motivaron’ e non as consecuencias”.
“É preciso lembrar que os resultados da proba piloto cos que a empresa tenta xustificar a explotación tan só teñen en conta unha semana de proceso e obvian as 10 semanas restantes da experiencia, e polo tanto non se pode confiar en que os vertidos teñan as condicións adecuadas”, afirmou.
“O vertidos en condicións non autorizadas xa se deron e se poderían volver a dar, pois na proba piloto realizouse unha parada pola saturación do leito filtrante, mentres que a chegada de caudal que se tivo e que se tería que tratar foi e sería constante”, advertiu.
Ademais, dixo, “non ten sentido que, quedando corroborada a responsabilidade da firma titular sobre a presa de residuos mineiros, se lle autorice a desenvolver a actividade sen que antes acometa as accións necesarias para acabar coas filtracións nesa infraestrutura e darlle unha solución definitiva que elimine a ameaza que supón”, adheriu Suárez.
Ao respecto, o voceiro do BNG en Lousame, Anxo Moledo, sinalou que “o BNG non está en contra de ningunha actividade económica, mais sempre que sexa segura e cumpra coa normativa, e entendemos que neste caso non se da ningunha desas dúas condicións”.
Así mesmo, recordou que estes vertidos no concello de Lousame “afectarían aos propietarios das terras polas que discorre o río, pondo en perigo a calidade ambiental e a saúde”. “E despois chegaría á ría de Muros e Noia, da que dependen, só na confraría San Bartolomeu de Noia, máis de 1.800 postos de traballo directos”, proseguiu o voceiro nacionalista.
Así mesmo, o representante do BNG anunciou que, tras estudar en detalle a autorización de vertidos, comezarán desde comezos da próxima semana “unha rolda de contactos coa representación das entidades marisqueiras e ecoloxistas, así como co resto de formacións políticas, para estudar posibles accións conxuntas en resposta a esta ameaza”.
“Somos conscientes de que algunhas entidades ecoloxistas xa anunciaron accións, mesmo legais, para a paralización da autorización de vertidos”, sinalou. “Desde o BNG porémonos a disposición dos colectivos sociais para sumar desde a política a prol dunha reacción firme contra a decisión tomada pola Xunta en favor da explotación en San Fins”, culminou Moledo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.