O 5 de marzo celébrase o Trail de Ponte Nafonso

22 Febreiro 2023

O vindeiro mes vaise celebrar o Trail de Ponte Nafonso, da man do Concello de Outes (Área de Deportes) en colaboración co Club de Atletismo Outes e Arousa Neo e ao abeiro do ciclo deportivo Trail Series Run 2023. Será o 5 de marzo, a partir das 10.30 horas. Inclúense tres modalidades: o Trail longo de 21 quilómetros, o Trail curto de 14 quilómetros e a Andaina de 14 quilómetros. O peche de inscricións é o 26 de febreiro. Quen queira apuntarse pode facelo na Rede a través de Magmasports.es.

Segundo informa o Concello, o Trail de Outes foi “reinventado de principio a fin” e presenta, polo tanto, un percorrido totalmente novo, con punto de saída e chegada en Ponte Nafonso, “emblema histórico e artístico dunha ponte única, acompañando a ruta trazada de lugares máxicos como o monte da Pena ou as ribeiras do Tambre”, segundo explican as entidades organizadoras.

Ficha técnica

Data: Domingo 5/3/2023

Hora: 10:30 h.

Lugar de saida/meta: Ponte Nafonso

Distancias: 21 km – 14 km – Andaina 14 km

Desniveis+: 1000 m+ ou 610 m+

Tempos de corte:

21 km: tempo máximo 3 h. – Corte: no km. 9 en 1:30 h.

14 km: tempo máximo 2:30 h.

Avituallamentos: 3 na distancia longa – 2 na distancia curta (incluíndo o de meta)

Período de inscricións: apertura o 15/11/2022 – peche 26/2/2023 ás 23:59 h.

Duchas: Centro de Piragüismo de Ponte Nafonso

Prezo: 20 € ou 15 € (Andaina 7 €)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.