Nova xornada de sensacións positivas para o Rotogal Boiro Voleibol

05 Febreiro 2023

O conxunto da Cachada plantoulle cara ao Conectabalear Manacor, pero non puido sumar os primeiros puntos do curso. Nun choque moi entretido, con boas prestacións defensivas en ambos os bandos, os mallorquinos levaron o gato á auga por 0-3.
Ao Rotogal Boiro Voleibol custoulle entrar no partido. O Conectabalear Manacor, moito máis
enchufado no arranque, tomou unha vantaxe de cinco puntos que parecía poñer moi costa arriba o primeiro set para os locais (1-6). Con todo, a boa defensa dos de Emilio Palacio permitiulles engancharse ao encontro e igualar 23-23 antes do desenlace. Un erro en ataque dos da Cachada propiciou que a manga se pechase cun 23-25 para os visitantes.
O Conectabalear Manacor pisou o acelerador no segundo set. Con moito poderío no saque, os mallorquinos aproveitaron algúns erros na recepción do Rotogal Boiro Voleibol para escaparse no marcador. Nesta ocasión, os esforzos dos locais non foron suficientes para ameazar o dominio dos forasteiros (16-25).
O Rotogal Boiro Voleibol reaccionou na terceira manga, que se desenvolveu baixo un enorme equilibrio. Con todo, os erros no saque penalizaron aos de Emilio Palacio #ante un Conectabalear
Manacor que si ofreceu moita consistencia no servizo. Os da Cachada mantivéronse na
partido mercé á boa defensa e a un rendemento ofensivo superior ao de xornadas anteriores.
Pero, finalmente, os mallorquinos pecharon o partido cun axustado 22-25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.