Na Pobra comeza a impartirse curso de lingua signos nivel A1

15 Febreiro 2023

Neste 15 de febreiro comezaron as actividades formativas relativas ao nivel A1 de lingua de signos promovidas pola Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, que conta con aproximadamente 60 persoas participantes entre as dúas quendas existentes (mañá e tarde).

A concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), achegouse ata a aula multiusos da Casa da Mocidade para saudar ao alumnado que recibe as clases, por parte da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, ós luns e ós mércores, ata o día 22 de maio.

Abordaranse seis unidades didácticas con contidos gramaticais, léxicos, socioculturais e pragmáticos propios do nivel básico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.