Medio millón de euros na reforma da residencia de maiores pública da Pobra

14 Febreiro 2023


A conselleira de Política Social e Xuventude, a ribeirense Fabiola García, destacou hoxe que a Xunta de Galicia investiu
500.000 euros na reforma da residencia de maiores pública autonómica da Pobra do Caramiñal. Fíxoo nunha visita a este centro residencial da comarca do Barbanza. Fabiola García explicou que os traballos de remodelación centráronse na fachada e permitiron aumentar a eficiencia enerxética das instalacións, así como a comodidade dos usuarios. Máis polo miúdo, as obras consistiron na colocación dun sistema de illamento térmico exterior, para manter a temperatura no interior e reducir o consumo; substituíronse
todas as ventás e parte das portas, pintouse a fachada e colocouse unha nova cuberta. Neste sentido, a conselleira de Política Social e Xuventude puxo en valor a renovación dunha das residencia da Xunta de máis longa traxectoria, xa que leva case 40 anos de coidados e atención ás persoas maiores. O centro está destinado a persoas maiores autónomas e na actualidade supera as 40 prazas.
Servizos no Barbanza
Ademais, Fabiola García explicou que desde a Consellería de Política Social e Xuventude están a reforzar e mellorar os servizos sociais da contorna para garantir unha atención de proximidade a todos os veciños.
Así, explicou que hai uns meses ampliouse con 10 novas prazas a oferta do centro de día da Pobra; recordou que está a proxectarse en Ribeira a que será a primeira residencia pública do novo modelo de coidados, con capacidade para atender a 100 usuarios; que o ano pasado inaugurouse o Punto de Encontro Familiar do Barbanza, para garantir a protección dos nenos cuxos proxenitores se atopan nunha separación conflitiva; e que hai unhas semanas renovouse o financiamento da unidade de atención temperá, que lle dá servizo ás familias da Pobra, Ribeira e Boiro, para previr e tratar problemas de
desenvolvemento en nenos de 0 a 6 anos.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.