Luz verde ao convenio para que unha protectora xestione o centro de acollida de cans de Ribeira

02 Febreiro 2023

A xunta de Goberno local do Concello de Ribeira aprobou na súa reunión deste 2 e febreiro o convenio de colaboración para que unha protectora de animais xestione o centro de recollida de cans e gatos de Ribeira.

Concretamente, logo do proceso público realizado conforme as bases aprobadas en maio do ano pasado, a protectora designada é a asociación Save an Angel – Los Olvidados de la Perrera de Ribeira – Adopta.

O convenio ten por obxecto a prestación dos seguintes servizos:

1. Recollida de animais de compañía abandonados, errantes, feridos ou enfermos nas vías e espazos públicos, en toda a extensión do territorio de Ribeira, e traslado a centro de acollida. Conforme ás cláusulas do acordo, o servizo de recollida de animais prestarase de forma continuada todos os días do ano en horario diúrno (de 08.00 a 22.00 h.), mesmo festivos. En horario nocturno (de 22.00 a 08.00 h.) atenderanse os servizos de máxima prioridade.

2. Identificación, saneamento e mantemento dos animais de compañía recollidos.

3. Xestión do centro de recollida e aloxamento.

4. Servizo de visitas e adopción de cans e gatos. A atención para reclamacións, trámites de adopción de animais e recepción de animais de particulares por imposibilidade de facerse cargo do seu coidado será realizado pola entidade seleccionada, como mínimo, de luns a venres en horario partido de mañá e tarde (mínimo de 4 horas/día), e sábados en horario de mañá (mínimo de 2 horas).

5. Eutanasia humanitaria e xestión de cadáveres. De conformidade co previsto no artigo 15.4 da Lei 4/2017, de 3 de outubro, non se poderá dar morte aos animais acollidos nun centro de recollida ou fogar de acollida temporal, con independencia do tempo transcorrido desde a súa entrada. Non obstante, exceptúase da prohibición establecida no punto anterior os supostos de eutanasia do animal debidamente motivados por escrito polo servizo veterinario, co fin de evitar un sufrimento grave e irremediábel ou unha afección grave, ou ben por razóns motivadas de sanidade ou benestar animal, de saúde pública, de seguridade das persoas, ou ambientais.

6. Medidas para a tenza responsábel e o control de abandonos.

7. Campañas de control e captura de colonias de cans e gatos.

8. Páxina web e redes sociais.

O prazo de vixencia deste convenio unha vez sexa asinado será de tres anos, podéndose prorrogar polo período máximo dun ano máis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.