Literatura, teatro, cinema e música completan a axenda cultural de Noia para febreiro e marzo

06 Febreiro 2023

A cultura segue viva en Noia durante os meses de febreiro e marzo, logo do completo menú cultural achegado polo Concello, dende a Área de Cultura que dirixe José Perez, durante a celebración do Nadal. Precisamente o departamento vén de compartir nas redes sociais a axenda para esta segunda metade do inverno. Haberá literatura, cinema, teatro e música, entre outras propostas dunha axenda que foi concibida, novamente, “para todos os públicos”.

A programación comezou esta finde: este sábado 4 coa proxección de Encanto, proseguindo este venres 10 coa presentación de O espello de dúas caras (Toxosoutos), do escritor e médico José Manuel Cairo Antelo. Será na Casa da Cultura, con entrada de balde, a partir das 20.30 horas.

A axenda prosegue ao día seguinte, cunha nova actividade do ciclo Noia En-Cántame, que incluirá concertos de Cantaparanoia, As Lens e Esperanza Mara. Será no Coliseo Noelo o domingo 12 ás 18.30 horas. A entrada será de balde até completar aforo.

Febreiro rematará coa actividade Eu Leo a Rosalía (23 de febreiro) e cunha nova xeira musical de Noia En-Cántame (o domingo 26 a partir das 18.30 horas, no Coliseo Noela), con Misela, Atlántico e o Coro Habanoia.

Marzo cultural abrirá o día 3 coa presentación do libro Xogos tradicionais populares galegos para tempos de recollida, actividade á que se suma a revisitación de O Porco de Pé, de Vicente Risco, elaborada por Producións Teatrais Excéntricas. Será o sábado 4 ás 20.30 horas. As entradas pódense adquirir a partir do 15 de febreiro en ataquilla.com ou no mesmo día da función a partir das 19.30 horas no portelo do Coliseo Noela.

As artes escénicas regresan días máis tarde, o sábado 11, con Papagena de ButacaZero. Será a partir das 20.30 horas no Coliseo. As entradas, de balde até completar aforo.

O domingo 12 volve o teatro coa representación de Comisaría Especial para Mulleres, de Lúa Chea Teatro. Será a partir das 18.30 horas no Coliseo Noela.

Marzo rematará con outra peza escénica: Continente María, de Ainé Producións. Será o día 25 ás 20.30 horas no Coliseo Noela. As entradas poden obterse en ataquilla.com a partir do día 15 de febreiro ou o mesmo día da función no portelo do Coliseo.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.