JEALSA consegue a certificación Xestión Residuo Cero

08 Febreiro 2023
Jealsa

A conserveira galega Jealsa obtivo a certificación Xestión Residuo Cero, que asegura a organización dun “sistema de control e seguimento” dos residuos que xera a empresa, e que non se eliminan na entulleira.

O diploma certifica a responsabilidade da firma coa sustentabilidade. Jealsa sinala que tamén favorece a optimización dos procesos e a creación de sistemas para reducir custos na xestión de residuos.

Bureau Veritas, a compañía encargada da auditoría, avaliou o sistema de control dos residuos de Jealsa, mediante mostras da cantidade e porcentaxe que se trasladaron á entulleira o ano antes deste proceso. Para iso, a empresa realizou visitas nas instalacións de Conservas Rianxeira, nas que comprobaron o proceso e o cumprimento dos requisitos legais.

Tras a auditoría Bureau Veritas entregou á empresa boirense o certificado de Xestión Residuo Cero cunha nota de Excelente, realizando unha xestión alternativa á entulleira de máis do 90% dos residuos xerados.

Os efectos do cambio climático e o aumento no consumo de materiais fan que sexa necesario que goberno e empresas #expor estratexias de economía circular e de maior eficiencia de recursos, para así cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Jealsa busca posicionarse no mercados mostrando o seu interese cara á transición sostible, cun modelo centrado na economía circular. Cada vez son máis as empresas que adoptan obxectivos para implementar políticas de residuo cero á entulleira, aumentando así os índices de reciclaxe.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...