
O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, asegurou este sábado que as forzas de seguridade non estaban informadas de que se ía realizar unha descarga de droga na localidade de Ribeira, despois de que o pasado mércores se atopasen tres planeadores na praia de Espiñeirido, areal que separa Ribeira de Porto do Son, e na praia do Rial.
En declaracións aos medios antes de asistir ao acto de presentación do candidato socialista á Alcaldía do concello pontevedrés da Estrada, Grande-Marlaska quixo destacar que a prioridade do Goberno, “tanto en Galicia como no resto de España”, é a seguridade



