
A enerxía eólica mariña segue a desempeñar un papel importante -á vez que polémico- na transición global cara ás enerxías renovables.
Dentro e fóra das augas territoriais e sen límites de continuidade, Galicia e Portugal -con amplas posibilidades de expansión polo Cantábrico- proxectan un futuro eólico mariño de varias ducias de mega e xigavatios ata o de agora só como previsión.
As augas galega acubillan sete proxectos para a eólica mariña de perto de 5.000 megavatios (unha décima parte da potencia instalada a nivel mundial.
Trátase de tecnoloxía que xa está presente a escasas millas da costa galega (por exemplo fronte a Viana do Castelo, Portugal), pero que agora ten como obxectivo acadar nas costas de Galicia 4.690 megavatios que superan as previsións de Galwind, que Cobra (exfilial de ACS) proxecta instalar ao norte da Estaca de Bares.
Ambos os parques duplican en potencia os pouco máis de 500 megavatios do parque Volanteiro, de Capital Energy; os 495 de Celta I e Celta II, que promove Ferrovial; ou os 490 megavatios do San Cibrao e San Brandán, que Iberdrola prevé instalar fronte a Cedeira e Estaca de Bares.
De se levar á práctica este proxecto, Galicia acapararía un 8.7% da capacidade instalada con esta tecnoloxía en todo o mundo, segundo informa Economía Digital Galicia.
En datos do Departamento de Enerxía do Goberno de Estados Unidos, son 50.623 os megavatios despregados en augas do planeta a través de parques eólicos mariños a principios do ano 2022, cifra que se incrementou este ano pasado en 17.398 megavatios, con China como principal respionsable deste incremento.
Nunha superficie de pouco máis de 3.000 quilómetros cadrados de mar, Portugal tes despregado un proxecto que, ao igual que en Galicia, ocupará zona territorial e nacional: en Viana do Castelo, para producir 2 xigavatios; en Matosinhos (Leixoes) 1,5 xigavatios; en Figueira da Foz,. 4 xigavatios; en Sintra, 1 xigawatio, e en Sines, 1,5 xigavatios.
O Ministerio de Economía e Asuntos Marítimos de Portugal tivo a consulta pública o mapa de áreas potenciais para a instalación de turbinas eólicas mariñas fronte ás costas do país. Sete das nove propostas poderían acomodar ata 10 xigavatios cunha densidade de entre 3 e 4 megavatios por quilómetro cadrado, destinadas ao despregamento de turbinas eólicas frotantes en profundidades superiores a 75 metros e baixan a 200 metgros agás no sector de Sines, que supera este límite.
Portugal ofrece tamén dúas zonas para a enerxía eólica mariña instalada: o de Matosinhos ten un potencial de 10 vatios; o de Sines atópase na área baixo a xurisdición do porto e só instalará 53 megavatios. A densidade para estes dous sectores é de 55 megavatios por quilómetro cadrado .
Para a enerxía eólica mariña tamén prevé unha extensión de 2 quilómetros cadrados fronte a Aguçadoira.
Ubicado no norte do país está o parque piloto Windfloat Atlantic de 25 megavatios.
Portugal, que tenta acadar os 20 xigavatios de enerxía eólica mariña en 2030, quere lanzar a súa primeira licitación para fin de ano. A consulta pública sobre as zonas fica aberta ata o 10 de marzo.
Se sumamos o quilómetros cadrados de mar a ocupar polos xeradores
eólicos desde o sur de Portugal ata o Cantábrico Noroeste e as respectivas zonas de proteción de cada artefacto, semella entendible a preocupación e rexeitamento dos mariñeiros deste tipo de instalacións que, na súa opinión, incidirán negativamente na pesca, especialmente a de litoral ou baixura.