Fran Calo recibeu hoxe o apoio do PP como candidato á alcaldía de Outes

11 Febreiro 2023

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, avalou hoxe a Fran Calo como o cabeza de lista dos populares no Concello de Outes nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo 28 de maio.
Acompañado polo secretario xeral dos populares na provincia, Evaristo Ben, e por numerosos militantes e simpatizantes do Partido Popular de Outes, Calvo comezou a súa intervención no acto de presentación do candidato agradecendo o “traballo, o esforzo e a dedicación” mostrada durante todos estes anos pola actual voceira municipal e anterior candidata Beatriz Muíños. “Se hoxe estamos aquí é gracias tamén a xente como Beatriz e que todo o seu equipo que soubo dar a cara durante estes anos”, afirmou, o
líder provincial que tamén recordou a figura de Carlos López Crespo de quen dixo “foi un Convencido de que a “paixón” coa que Fran Calo fala sempre de Outes e o “orgulloso” que se sente de nacer, vir e traballar neste municipio son aspectos que o avalan “para ser o alcalde que necesitan os veciños”, Calvo destacou a “valentía” que o candidato mostrou á hora de dar o paso á fronte para asumir o resto de encabezar un proxecto que ten como obxectivo, dixo, recuperar a alcaldía perdida no 2019.
“Os que coñecemos a Fran sabemos que non lle ten medo a case nada, que non se arruga ante as dificultades e que sempre está disposto a traballar duro no que cree”, afirmou o presidente popular, quen subliñou que esa entrega será “necesaria” durante os próximos meses para afrontar a campaña das municipais.
Durante a súa intervención, Calvo, que reclamou a axuda de todos os que queren un cambio de rumbo para Outes, fixo fincapé é que é o momento de “aglutinar todas as forzas posibles” para terminar cun Goberno Local que, ao seu xuízo, o único que conseguiu nestes anos á fronte do concello é botar por terra todo o traballo realizado polos populares con anterioridade.
Falar de Outes en positivo
Neste sentido, Calvo subliñou que os veciños do Concello de Outes merécense un executivo que consiga que se volva a falar en positivo do municipio. “Temos que deixar atrás os problemas pola falta de pagamento das facturas, pola perda de axudas ou pola incapacidade do alcalde para ofrecer oportunidades á xente que, como Fran, queren seguir vivindo aquí e traballando aquí”, apuntou.
O líder dos populares deixou claro que a consecución dese obxectivo pasa polo feito de que os populares armen un proxecto que ilusione a todos os veciños. “No momento no que estamos, a xente necesita certezas, necesita un alcalde do que se poidan fiar e necesitan un goberno local que, como xa fixemos en anteriores etapas, sexa capaz de xestionar o día a día do concello”, defendeu Calvo.
Sobre este punto, o candidato dos populares á alcaldía comprometeuse “traballar, traballar e seguir traballando” porque, indicou, é o único camiño que coñece para poder alcanzar as metas que un se propón na vida. “Non imos escatimar nin un esforzo. Debémosllo o de debemos aos veciños e debémosllo a todos aqueles que sentimos o Concello de Outes como algo moi noso”, subliñou Calo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...