Este domingo Xilbarbeira organiza un obradoiro de baile tradicional en familia

10 Febreiro 2023

Este domingo celébrase no local mutiusos do Mercado Municipal de Boiro un obradoiro de iniciación ao baile tradicional en familia. Será a partir das 12.00 horas. Trátase da última clase dun programa formativo de iniciación ao baile galego, para nenos e maiores, que realiza a Asociación Xilbarbeira poñendo o foco nas crianzas de máis de 3 anos.

Xilbarbeira, a mais dunha asociación, é unha escola-agrupación de Boiro fundada no 1995, con sede de operacións no Centro Social da localidade. A entidade, que se centra sobre todo na danza e pandeireta tradicional galega, é un colectivo interxeracional no que ten cabida toda aquela persoa con interese pola tradición folclórica da nosa terra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.