
Antes das 23.00 horas deste mércores un vehículo saíuse da vía en Porto do Son, á altura da igrexa de San Vicente de Noal, e impactou contra un sinal de tráfico e un farol. O coche sufriu importantes danos materiais e a única ocupante do turismo puido saír polo seu propio pé, aínda que foi trasladada por unha ambulancia do 061 ao hospital da Barbanza.
Ata o punto do sinistro desprazáronse efectivos de Protección Civil de Porto do Son, GES de Noia, Garda Civil de Tráfico e do 061.



