En marzo empezan os actos expropiatorios para completar na AC-550 o cambio de sentido no miradoiro de Fonforrón, en Porto do Son

10 Febreiro 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria, para o vindeiro mes de marzo, dos actos expropiatorios para completar na estrada AC-550 as obras de cambio de sentido no miradoiro de Fonforrón, no concello de Porto do Son.

Esta intervención da Xunta enmárcase nas actuacións de mellora do firme que se están ultimando e que abranguen un treito de 38 km nos concellos de Noia, Porto do Son e Ribeira, ás que se destinan un investimento autonómico de 2,7 M€.

Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación e de formalización das actas de ocupación levaranse a cabo o vindeiro día 2 de marzo ás 10:30 horas, na Casa do Concello de Porto do Son. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse esta información: https://acortar.link/sn7PPp .

Para culminar esta intervención na AC-550, o proxecto inclúe unha actuación de mellora da seguridade viaria, centrada na habilitación dun cambio de sentido entre Porto do Son e a praia de Arnelas, que require ensanchar a estrada. No marco desta actuación, que se desenvolve en dominio público da vía autonómica, é necesario efectuar a expropiación dunha parcela na entorna do miradoiro de Fonforrón para poder completala, o que poñerá fin ao conxunto das obras.

Reforzo da seguridade na AC-550

As obras de mellora do firme da estrada AC-550, iniciadas o pasado mes de setembro, teñen como obxectivo ofrecer a veciños e usuarios desprazamentos máis cómodos e seguros nesta estrada que rexistra unha intensidade media de tráfico de entre 5.000 e 9.000 vehículos/día, incrementándose máis aínda no verán.

No marco dos traballos de rehabilitación e mellora de firme, o departamento de Infraestruturas da Xunta incluíu outras dúas intervencións que redundarán no reforzo da seguridade viaria.

Así, por unha parte, no citado miradoiro de Fonforrón preveuse a habilitación dun cambio de sentido que require ensanchar a estrada; e, por outra parte, tamén en Porto do Son, uns quilómetros despois, un carril central de espera para garantir xiros máis seguros cara á esquerda. A intervención complétase con traballos de drenaxe, limpeza de cunetas, sinalización e defensas.

A Xunta mantén o esforzo pola mellora da rede viaria autonómica na contorna, con actuacións como como as rotondas de Portosín e de Xuño xa executadas, ou agora coa rehabilitación da Ponte Ceilán, que está en execución, e o proxecto da variante de Ribeira.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.