“Ecoloxía e velocidade”. Xulio Xiz

03 Febreiro 2023

Por coidar que entendo do tema, alguén de preto consúltame sobre a conveniencia de presentarse a un concurso que convoca o Concello de Lugo para a adxudicación da confección e montaxe dunha exposición sobre temas ecolóxicos que se incorporará ao novo edificio situado entre as grandes superficies comerciais de Duquesa de Lugo, que seica é o último berro en cuestión enerxética aínda que de discutida asunción estética.

Con tempo, información e tema suxerente, atráeme o mundo das exposicións polas especiais posibilidades de achegamento ao público de temas de interese xeral, sexan culturais, sociais… ou ecolóxicos.

Pero neste caso a montaxe debería utilizar madeira e materiais reciclados, obter a información da web do concello, confeccionar audiovisuais en base a outros xa existentes, e non sei cantas cousas máis cun orzamento de pouco máis de catorce mil euros. Eu contestei que non vía moitas posibilidades de afrontar un tema tan complexo, por amplo prazo que houbese para a súa realización.

Cando me indican que todo eso ten que estar montado no edificio futurista, templo da ecoloxía, o dez de febreiro próximo, opino que non deben meterse en aventuras con tan pouca posibilidade de futuro.

Co cal veño comprobar que non entendo destas cousas como para opinar sensatamente sobre o tema, porque para poder aconsellar que participen no concurso, creo que deberían ter iniciado ese traballo hai catro ou cinco meses, telo rematalo hai unhas semanas, e sen risco de infarto inauguralo o próximo día dez.

Non hai nada que facer. Os anos, non perdoan.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.