Dous trasladados despois de colidir contra un muro na Pobra do Caramiñal

14 Febreiro 2023
Dotacións de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Ribeira e Boiro, interviron esta noite nun accidente con posibles atrapados no Concello da Pobra. Colaborando con 061, Garda Civil de Tráfico e Protección P Civil Pobra. A.D.C.Bombeiros Boiro

Un accidente ocorrido esta madrugada deixou dúas persoas trasladadas, esta vez na Pobra do Caramiñal.

O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, contra as 0:30 horas da noite, que informaba dun vehículo que colidira contra un muro na rúa Fernández Varela, na Pobra do Caramiñal. Aínda que as dúas persoas implicadas estaban fóra do coche, precisaban asistencia sanitaria.

Desde o 112 solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Unha vez finalizada a intervención o persoal dos servizos sanitarios informou ao 112 de que as dúas persoas accidentadas foran evacuadas ao Hospital do Barbanza en ambulancia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.