Dodro celebra o Entroido con dúas grandes festas culturais e creativas para a rapazada e para toda a veciñanza

06 Febreiro 2023

O Concello de Dodro celebra este ano o Entroido con dúas grandes actividades creativas, participativas, abertas, inclusivas e festivas. A primeira, chamada Entroido cultural consistirá nunha proposta lúdico pedagóxica dirixida á infancia de entre 6 e 12 anos, que se desenvolverá o luns e o martes de Carnaval, 21 e 22 de febreiro, entre ás 10.30 e as 13.00 horas, na Casa da Cultura. Lugar onde, os días 12 e 13 de febreiro, as familias deberán inscribir ás/ós menores que desexen participar nesta iniciativa.

A segunda actividade será Entroido choqueiro, programada para o martes 22 de febreiro pola tarde, ás 17.00 horas, no Souto da aldea de Reboiras. Esta proposta de lecer do Concello trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes no caso de choiva. Trátase, segundo informou a área de Cultura do Concello de Dodro, “dunha actividade para o desfrute do conxunto da poboación que incluirá un espectáculo de animación musical, premios aos mellores disfraces, sorteo dunha cesta de produtos de Carnaval entre o público asistente e degustación popular das orellas, doces, típicas destas datas”.

O Concello de Dodro convida a toda a veciñanza a participar e conservar esta celebración tradicional.

Outros artigos

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Este sábado celébrase en Araño a segunda edición da Muiñada do Te

Este sábado 2 de decembro imos ter unha actividade cultural, medioambiental e family-friendly na parroquia de Araño, en Rianxo. Estamos a falar da segunda edición da Muiñada no Te, organizada pola Asociación Veciños Araño en colaboración co Concello de Rianxo e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...