Denunciado un veciño de Boiro o intervírselle en Moaña 70 quilos de ourizo de mar recolleitos de forma ilegal

15 Febreiro 2023

Unha patrulla do destacamento de Tráfico deu o alto o pasado luns 6 de febreiro a un vehículo cuxo condutor estaba a facer uso do teléfono móbil mentres conducía no punto quilométrico 1,200 da AG-46, no termo municipal de Moaña (Pontevedra).

Unha vez detido o vehículo para notificar a infracción, e tras identificar o condutor, que resultou ser un veciño de Boiro de 42 anos, os axentes procederon á inspección do vehículo, momento no que comprobaron que portaba no maleteiro dous capachos de ourizo de mar cuns 70 quilogramos sen acreditar a súa procedencia ao non portar ningún tipo de documentación.

Unha patrulla do Seprona de Cangas fíxose cargo do produto, devolvéndoo ao mar, e procedeu a levantar unha acta de denuncia debido á falta de guía de transporte así como por non realizalo nun vehículo adecuado. Ademais, o condutor foi denunciado por conducir utilizando manualmente o seu móbil.

Garda Civil

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.