Collen impulso as obras para mellorar a seguridade en Eiró (Dodro)

03 Febreiro 2023

O Concello de Dodro informou do inicio (os días pasados) das obras destinadas a mellorar a seguridade viaria en Eiró. Os traballos centraranse nun treito de 375 metros e 4 metros de ancho medio, así como 100 metros cadrados de sobreanchos e abanicos. O obxectivo é poñer a punto o firme da vía coa dotación dunha nova capa de rodaxe de 6 cm de mestura bituminosa, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Prevese a execución de 370 m. de senda peonil de 1,80 m. de ancho, cun firme de 15 cm de saburra artificial e 15 cm de formigón en formación de pavimento, previas demolicións precisas de entradas e a apertura de sobreanchos.

Baixo esta senda colocaranse 370 m. de tubo de Ø400 mm. para canalización de augas pluviais, con execución de 8 pozos de rexistro e a colocación de 12 arquetas con sumidoiro para a recollida das augas. Ademais prevese a canalización de 135 m. para alumeado público, con 3 arquetas asociadas.

Ascende o Presuposto Base de Licitación (IVE incluído) á cantidade de 72.135,03 €.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.