“Cen anos de radio en España. Sen novidade” – Antón Luaces

14 Febreiro 2023

No devalo do 13 de febreiro de 2023 escribo o que debería ter escrito 24 horas antes, cando todo se amañaba para conmemorar o Día Mundial da Radio, esa compañeira, amiga e confidente coa que compartín tres anos como simple afeccionado (en Radio Riveira) e 45 (de 1963 a 2008) na radio pública (Radio Juventud de Galicia, Radiocadena Española, e Radio Nascional de España-Radio Exterior de España). En dúas ocasións fixen de tertuliano en Radio Coruña-Cadena SER, polo que, sumando, sumando, decátome de que foron -ata o de agora- 50 anos da miña vida facendo ou desfacendo radio. Dos meus catro fillos, a segunda naceu un 13 de febreiro (Día Mundial da Radio) e o máis novo, o 3 de maio, día no que conmemoramos esa non sempre ben aproveitada idea da Liberdade de Prensa.

Este prólogo permíteme lembrar ao lector que a radio -coa que sempre mantiven un contacto moi íntimo-  naceu prematuramente na noiteboa do ano 1906 como radiodifusión de audio sen fíos.

Mais as transmisións radiofónicas propiamente ditas non se produciron ata 1920 con programación regular e programas de entretemento.

En España (o terceiro país en Europa en dispor de radio) foi unha emisora de Madrid, Radio Ibérica, a que a mediados de 1924, ofrecía unha programación diaria malia carecer de licencia gobernamental para a radiodifusión.

Co código EAJ-1 e licencia número 1, emitía, non obstante, dende Barcelona, e na frecuencia de 325 metros (923 kHz) a coñecida como Radio Barcelona que comezou a empregar o indicativo EAJ-1, lido por primeira vez por María Sabater o 14 de novembro de 1924 nos estudos do Hotel Colón da capital catalá.

Aínda que non oficialmente, a radio ten en España 100 anos de vida intensa, moitas veces -demasiadas- tensa. De vida complicada en estremo. Especialmente durante a ditadura franquista, sendo como fora un dos logros da España republicana.

Finado Franco e reinstaurada a democracia no Estado español, a radio foi un dos principais medios de comunicación. Os que estabamos nela aspirabamos a liberdade de informar, de formar,  de entreter, de establecer estreitos vínculos  cos oíntes que, en moitas ocasións, se convertían en verdadeiros informantes -unha especie de correspondentes voantes- que por medio do teléfono (non existía a Internet nin os celulares) falaban co xornalista ou locutor de turno para dar conta de calquera acontecemento. Un micrófono en pleno funcionamento, ignorado polos golpistas que o 23F

tomaron pola forza o Congreso dos Deputados, serviu de nexo común aos oíntes da SER para se informar do que acontecía na Cámara baixa. O mesmo aconteceu con TVE durante un tempo dese 23F, grazas a unha cámara fixa esquecida que deixou de emitir cando os asaltantes se decataron de que as imaxes do que alí pasaba daban conta, en parte, do que estaban a facer, armados ata os dentes.

Estabelecer un día ao ano como de recoñecemento da radio é unha medida que como profesional dela (xubilado) agradecerei ata que me desconecte para sempre, cousa que chegará obviamente calquera día (canto máis tarde, mellor, porque para nada pretendo o “peche de emisións”) que a radio exista, pero que sexa radio-radio e non radio-panfleto. Radio profesional que cumpra os preceptos de formar, informar e entreter, algo que en moitos casos se esquece e así lle vai, porque a radio está, agora mesmo, nas redes sociais.

Por esa radio que foi e temos a obriga de recuperar, fago votos.

Outros artigos

“Valentía política”. José Manuel Pena

Salen de sus hogares, todas las semanas, en busca de alimentos, medicamentes, bonos para viajes o alguna que otra ayuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acuden a alguna ong ó entidad social que las ayudan desde hace décadas e incluso, a algunas de...

+

“La felicidad”. José Antonio Constenla

En este mundo tan dado a poner días, etiquetas y estadísticas a la vida, lafelicidad no podía ser menos y la Red de Soluciones para un DesarrolloSostenible, dependiente de Naciones Unidas, ha establecido una serie decriterios que permiten medir si un país ofrece...

+

“Más amenazas para Galicia”. José Castro López

En el proceso de industrialización que está proyectado, Galicia puede ganarlo todo, perotambién puede perderlo todo. En los últimos días ha perdido el corredor del hidrógenoverde Guitiriz-Zamora, fondos europeos para cinco proyectos industriales y la fábrica dellantas...

+

“Lexitimidade democrática do BNG? “. Carlos Moledo

Un coñecido neurólogo e escritor español xa falecido, Carlos Castilla del Pino, ocupado nos seus intres libres en reflexións cargadas de sentido común, deixou dito o que a todos se nos antolla obvio, “hai erros na vida, e hai vidas erradas: son cousas distintas”. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión