Boiro inaugura unha exposición sobre a memoria histórica na Praza de Cimadevila

11 Febreiro 2023

O Concello de Boiro inaugurou esta mañá unha exposición fixa ao aire libre que recolle a memoria histórica do municipio e está instalada na praza de Cimadevila, a carón do Cuartel Vello. A mostra estará composta por catro paneis que recollen a información das 22 persoas represaliadas que ata a actualidade foron homenaxeadas no monumento dos mártires situado na rotonda de Cimadevila. Os textos están escritos por Xosé Deira e conteñen fotografías recollidas polo historiador Antón R. Gallardo.
O obxectivo desta exposición é recuperar a memoria histórica, patrimonial, cultural e social de Boiro. O Camiño Real foi unha das primeiras vías de comunicación do municipio e que recolle moitos elementos patrimoniais e de memoria colectiva, especialmente na zona de Cimadevila. “Con esta mostra o que pretendemos é facer unha institucionalización das políticas de memoria histórica e ser unha homenaxe a todas aquelas persoas que foron represaliadas nun momento moi negro do noso país e do noso concello”, afirmou a concelleira Dores Torrado.
O presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, Carlos Cimadevila, agradeceron o traballo realizado polo Concello e “que a mostra se siga ampliando cos nomes das demais persoas que foron represaliadas en Boiro” xa que “o pobo que olvida a súa historia está condenado a repetila”.
O autor dos textos, Xosé Deira, quixo destacar das 22 persoas homenaxeadas a súa faceta máis humana por eles e polas súas familias. “É importante que a memoria volva aos sitios aos que se debe, como é esta
praza. Este acto non é so unha homenaxe aos represaliados, senón a todo o pobo de Boiro”, recoñeceu Deira.

No acto inaugural estivo tamémn o deputado provincial, alcalde e Ames e veciño de Boiro, Blas García, que é familiar dunha das persoas homenaxeadas. “Para min é unha satisfacción moi grande vir a Boiro e facelo para asistir a un acto como este. Hai moitas familias que seguen sen saber onde están enterrados os seus familiares e temos que dignificalos e lembrar a nosa historia”, afirmou.
Pechou o acto o alcalde, José Ramón Romero, que recoñeceu o gran traballo que se leva a facer nos últimos anos para recoller a memoria de Boiro e indicou que “imos seguir traballando para que todas estas persoas, que loitaron por Boiro, sexan recordadas”. “Temos que dar a coñecer e visibilizar esta parte da nosa historia para que non se volva repetir”, recoñeceu o alcalde.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...