Boiro destina boa parte do POS+ para gastos sociais para financiar os sobrecostes enerxéticos de persoas e familias vulnerables

07 Febreiro 2023

O Concello de Boiro propón para o seu debate e aprobación na sesión plenaria prevista para este xoves a participación no POS+ adicional da Deputación da Coruña para o financiamento de gastos sociais. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus, explicaron máis polo miúdo a finalidade do investimento provincial.
A contía asignada ao Concello de Boiro para este concepto é de 111.152,04 euros que van permitir incrementar o gasto social extraordinario e a tramitación urxente de prestacións sociais necesarias en situación de risco para persoas vulnerables. “Gracias a esta aportación provincial podemos cubrir
necesidades en materia social detectadas polo persoal técnico do departamento de Servicios Sociais que coñecen o día a día do departamento“, afirmou o alcalde.
O concelleiro de Servicios Sociais, Raúl Treus, explicou polo miúdo a que se vai destinar aportación provincial. “Este Plan permite destinar o importe en función das necesidades do municipio e así o vimos facendo con todas as convocatorias. O importe do POS para gastos sociais extraordinarios destinouse a cubrir necesidades derivadas da crise social, mediante a que se atenderon a preto de 80 persoas, e o importe deste ano vai principalmente destinado a contribuír aos sobrecostes enerxéticos de persoas e familias vulnerables”, recoñeceu o concelleiro Raúl Treus.
Unha parte desta achega provincial, que ascende aos 20.000 euros, irá destinada ao reforzo-ampliación de persoal técnico ou administrativo adscrito aos Servizos Sociais do Concello co obxectivo de axilizar a atención social.

Unha partida de 6.000 euros pretende destinarse á ampliación e dotación de partidas municipais destinadas a axudas de emerxencia ás persoas soas ou en risco de exclusión social.
Preténdese destinar a cantidade de 19.829.98 euros ao reforzo dos servicios e axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación a familias que carezan de recursos económicos suficientes. 1.000 euros para o reforzo dos dispositivos de axuda a persoas sen fogar. 10.000 euros para
axudas económicas destinadas a contribuír aos gastos de consumo enerxético ás persoas vulnerables.
Ademais destes gastos correntes, unha parte de 10.980 euros do investimento provincial de gastos sociais extraordinarios vaise destinar á adquisición de equipamento técnico asistencial como camas, cadeiras de
rodas, grúas… para a cesión de uso. 43.342,06 euros para a adquisición de equipamento para o desenvolvemento dos programas de servizos sociais e do traballos dos equipos técnicos.

Outros artigos

Na Pobra o espírito do Nadal xa se vive no CAD

Comeza o mes de decembro e o CAD situado na Pobra do Caramiñal xa ten todo preparado para o Nadal. De feito, neste día 1 deron a benvida oficial a esta época festiva.Un trineo, unha casiña de xenxibre ou a caixa de correo para os Reis Magos son algúns dos elementos...

+

O Nadal vivirase tamén nas parroquias da Pobra

As parroquias do termo municipal da Pobra do Caramiñal gozarán tamén de actividades de Nadal dirixidas á rapazada que impulsa a Concellaría da Participación Veciñal. A edil Amparo Cerecedo manifestou que o se busca é “descentralizar as accións lúdicas do núcleo urbano...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

“O falar das pedras”. Luís Celeiro

O falar das pedras é moito falar. Din o que saben, o que pasaron e o que será. As pedras gardan as mensaxes do tempo, as raias dos anos, dos miles e millóns de anos e cóntannolo aos que as escoitamos, aos que as miran e as queren. Millóns de anos escribindo e deixando...