Arredor de 600 crianzas asistiron á mostra de teatro para escolares da Pobra

16 Febreiro 2023

Co obxectivo de afianzar a paixón polas artes escénicas dende idades temperás a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organizou unha nova edición da mostra de teatro para escolares. Desenvolveuse nas primeiras semanas de febreiro coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Segundo apunta a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), aproximadamente 600 escolares de distintos graos de ensinanza pasaron polas instalacións do Teatro Cine Elma para asistiren ás cinco funcións programadas que concluíron neste día 16 con Marcos Escudero e Con area cousas debuxo.

As outras sesións que integraron o ciclo foron Cantaxoga, de Migallas Teatro; 4 monos, de Tropa de Trapo; H2…OH!, de Ghazafelhos; e Rilla rilla, de Xarope Tulú.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.