No Pleno celebrado no día xoves 23 de febreiro, foi aprobada a iniciativa lanzada pola Marea Cidadá para solicitar unha auditoría interna sobre a obra da Praza de Abastos e a regularidade dos seus pagos. Dende a Marea Cidadá, agradecen ao PSdG, ao BNG e a formación independente NOIA o seu apoio a esta iniciativa.
Dende a formación de esquerdas, denuncian que a preocupación entorno a esta obra non acaba de aparecer. Ao longo do último mes, a Marea Cidadá solicitara os expedientes desta obra para poder analízalos cunha asistencia técnica, solicitude que foi denegada por parte do Concello sen ningún tipo de precedente.
A abstención do PP na votación de onte – sinalan dende a Marea – ven a confirmar as sospeitas de irregularidades que dende hai máis dun mes vimos apuntando. Ao tratarse dunha obra de máis de un millón de euros, non pode permitirse nin a falta de transparencia nin moito menos as irregularidades na súa execución.
“O obxectivo” – segundo afirma Manolo Seijas da Marea Cidadá – “ non é outro que botar luz sobre o que se está facendo cos cartos públicos. Intentamos facelo pola vía dunha asistencia técnica, pero o Partido Popular negouse e impediuno por vías que, canto menos, non teñen precedente”.“O único que buscamos é saber se o que se está a facer é legal”.
Por último, sinalan que esta Obra está provocando un enorme malestar entre os praceiros e praceiras, que non só ven con preocupación a paralización e o camiño que estaba a tomar a obra, senón todos as irregularidades e sospeitas que non deixan de agromar.




