Anxos Castro desvela o seu mundo interior nun poemario presentado en A Pobra

04 Febreiro 2023

O talento literario de Anxos Castro Parada foi dado a coñecer na tarde deste 3 de febreiro ao público
congregado no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal; a segunda parada no itinerario de presentacións pola comarca.
O libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas constitúe a súa estrea como escritora; unha recompilación de versos escritos dende nena, tanto en galego coma en castelán, de aí a elección do título.
Poesía variada en canto a temática e métrica que reflexa os pensamentos e sensacións da autora. Se ben esta é a primeira obra que publica, xa ten experiencia na participación de certames con poemas que resultaron seleccionados e formaron parte de antoloxías.
No acto estivo acompañada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); de María Regos, do grupo Lumieira; e do tamén escritor Xulio Gutiérrez. Contouse, ademais, con actuación da Escola de Música da Pobra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.