Amicos celebra o Entroido converténdose nun gran circo

16 Febreiro 2023

As instalacións de Amicos en Boiro acolleron na mañá deste xoves 16 de febreiro a celebración do Entroido da asociación inclusiva da nosa comarca. Houbo disfraces, doces típicos, un gran desfile e como non podía faltar, moita música e baile.

A comunidade de Amicos culminou deste xeito días de traballo intenso ambientando as instalacións coma se dun recinto circense se tratase. Ademais, as e os usuarios traballaron na elaboración dos seus propios disfraces, tanto no centro de Comoxo (Boiro), como no Colexio de Oleiros (Ribeira) e así celebrar o tradicional Entroido.

A xornada comezou coa presentación das comparsas e o gran desfile de carrozas elaboradas polos usuarios e usuarias do centro integral.

Segundo salientou o equipo de Amicos “sen dúbida o prato forte desta celebración veu co desfile das comparsas, que reuniu a máis de 250 persoas, entre usuarios, usuarias e familias, todas e todos preparados coas súas mellores galas e a maquillaxe máis elaborada para comezar a desfilar”. Os primeiros en facelo foron os domadores e leóns, a continuación foi a quenda dos compañeiros e compañeiras da comparsa dos pallasos, e para continuar, acabados de saír do ximnasio, contouse coa presenza dos forzudos e forzudas de Amicos.

Tamén houbo malabaristas e un grupo de magos. O acto rematou cun gran desfile de personaxes chegados dende a selva do Amazonas e o fondo do mar.

A maiores, houbo xogos, bailes e até un karaoke para que as persoas que integran a comunidade de Amicos demostrasen as súas habilidades ao micrófono.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.