A prevención de atropelos centrará unha charla na Pobra

01 Febreiro 2023

O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá no 8 de febreiro, a partir das 17.00 horas, unha charla relativa á circulación peonil a cargo do coordinador provincial de Educación Viaria.

O concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra), relata que se promove esta acción a través do corpo da Policía local en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) para a prevención dos atropelos.

Establécese así como unha prioridade a protección dos/as viandantes máis vulnerábeis e, nesta senda, repartiranse chalecos reflectores entre as persoas asistentes ao coloquio.

O acceso é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.